Monday 29 de April de 2024

A alcaldesa da Coruña esíxelles á Xunta e ao Goberno central que acorden sen demora o dragado da Ría do Burgo


Inés Rey asegura que se poñen en perigo os fondos europeos destinados para o dragado algo que non poden “permitir que suceda as entidades competentes no dragado”.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou hoxe xunto ao edil de infraestruturas, Juan Diaz Villoslada, e a edil de Medio Ambiente, Esther Fontán, nunha reunión telemática coa Xunta de Galicia e co Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico para abordar o proxecto “Dragado Ambiental de los sedimentos de la Ría de O Burgo (A Coruña)”.
A alcaldesa esixe a licitación inmediata e a execución desta obra que cualificou de esencial para recuperar o estuario pola súa riqueza medioambiental e por suposto como espazo para recuperar a actividade marisqueira.
Critica que durante a cita se puxo en evidencia a diferenza de opinións entre as administracións autonómica e central respecto a certificación da plena dispoñibilidade dos terreos incluídos non seu ámbito de actuación. “Non poden pasar tres anos da declaración de impacto ambiental e que agora discutan por unha certificación de terreos que pode poñer en risco unha actuación fundamental para o medio ambiente e para o sector marisqueiro”, apuntou a máxima responsable da cidade.